Google La web guiarte
Estás en: guiarte.com > Ciudades > Santiago de Compostela > Crónicas

Nova sala do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abre ao público unha nova sala permanente, A sociedade, memoria e tradición, que vén ampliar o panorama da cultura galega representado polo conxunto das exposicións permanentes que a institución ofrece ao público.
Xunto ao mar, o campo, os oficios, o traxe, a música, a arquitectura popular, o discurso expositivo do novo espazo enlaza unha sucesión de seccións nas que se ofrece un percorrido polas diferentes manifestacións dos usos, costumes, prácticas e crenzas que, en conxunto, caracterizan o pobo galego baixo a perspectiva da antropoloxía social.

Baixo o epígrafe “Espazo e sociedade” inclúese a casa e a familia, a organización territorial, a propiedade e a herdanza, a produción e o intercambio. “O devalar das horas” representa a secuencia dos traballos e os días no decurso dunha imaxinaria xornada. “O tempo, un concepto cíclico” fai un repaso polas festas e os labores propios de cada unha das estacións do ano. “A corrente da vida” abrangue o decorrer da existencia humana desde o nacemento ata a morte. “Crenzas e saberes” ocúpase, por último, das manifestacións simbólicas e das prácticas de protección e curación no mundo tradicional.

Neste ano 2005, no que se conmemora o centenario do nacemento de don Antonio Fraguas, a Fundación por el instituída, que ten como un dos seus fins tutelar as necesidades de desenvolvemento do Museo do Pobo Galego e a crecente demanda de participación da sociedade civil e do mundo empresarial no patrocinio cultural, auspicia este novo espazo expositivo. Para a súa realización contouse co patrocinio da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, a Fundación Caixa Galicia e mais Caixanova. Na montaxe cooperaron un importante número de persoas e entidades de toda Galicia e mesmo do exterior, mediante a doazón ou depósito de obxectos que viñeron completar os fondos do propio Museo sobre as diferentes materias, así como pola cesión de ilustracións ou dereitos de reprodución de fotografías.  

Comenta este artículo
Envía tus fotografías
Siguiente: Darío Basso
Crónicas de Santiago de Compostela


> > Volver a la guía de Santiago de Compostela



Guiarte.com: naturaleza, turismo, arte. Te abrimos las puertas al mundo del turismo y la cultura
Apúntate al boletín para recibir las últimas novedades
Guiarte.com no existiría sin sus colaboradores de España y el mundo. Agradecimientos.
© Prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de guiarte.com, sin previo y expreso consentimiento de guiarte.com.